Os clásicos non morden
Materiais de clásicas en galego
Materiais de clásicas en galego
Este proxecto nace após da experiencia docente tanto en centros públicos como na ensinanza non reglada das materias do mundo clásico. A importancia destas nos institutos de educación secundaria está, pouco a pouco, a perder a súa relevancia, sexa polo xugo da administración sexa polo avance dun mundo acelerado e dixital ao que pouco ou nada lle serven os coñecementos humanísticos.
O obxectivo desta páxina web é a creación dun repositorio dixital ao que o alumnado galego poida acceder para dar resposta ás súas dúbidas. Xa son moitas as ocasións nas que a ausencia de profesorado interino ou substituto, unida á reducida oferta de prazas para o corpo de profesores da Xunta de Galicia, provoca que haxa grupos 'orfos' sen docencia ou guía de ningún tipo ante a inminencia das PAU. Consideramos, polo tanto, necesaria a existencia dun apoio dixitalizado, universal e democrático para tratar de solucionar estas eivas administrativas e procurar que o estudantado non se vexa perxudicado por cuestións burocráticas.
Amáis disto, o proxecto avoga pola dixitalización dos materiais e, en concreto, pola creación dixital en lingua galega. Os materiais aquí expostos son de acceso totalmente libre. Avisamos tamén de que é posible que haxa erros nos materiais, os cales poden ser subsanados se se contacta co servizo técnico da páxina (eu mesma).